Home > Absoluto Femenino > Campaña de promoción e sensibilización do deporte feminino galego

Campaña de promoción e sensibilización do deporte feminino galego

O mércores 1 de outubro o Club Waterpolo Pontevedra presentou na Piscina do Complexo Deportivo Rías do Sur a Campaña de promoción e sensibilización do deporte feminino galego.

Parte do equipo feminino de Primeira Nacional e o Presidente do CW Pontevedra, Alberto López Penide, contando coa presenza e apoio de Serafín Piñeiro, Presidente de la Fundación Rías do Sur, acompañaron a Blanca García-Señoráns, Directora Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes na provincia de Pontevedra.

Unha campaña da Secretaría Xeral para o Deporte coa que o CW Pontevedra colabora, co obxectivo da promoción e sensibilización sobre a necesidade e beneficios da práctica deportiva feminina, así como a loita pola igualdade efectiva entre homes e mulleres no ámbito deportivo.

Con motivo desta campaña, o CW Pontevedra continuará desenvolvendo a promoción do waterpolo feminino para nenas desde 8 anos en diante, para dar a coñecer este deporte e fomentar a súa práctica entre a poboación feminina. Con iso o club pontevedrés busca incrementar o número de nenas e mozas practicantes do waterpolo, deporte no que o CW Pontevedra é referente galego cun equipo en Primeira División Nacional Feminia desde fai catro tempadas.

O CW Pontevedra adicará o partido CW Pontevedra-CDW Málaga, da Xornada 5 da Liga de Primeira División Nacional Feminina de Wáter-Polo,que se disputará o Sábado 15/11/2025 ás 16:15 h no Complexo Deportivo Rías do Sur de Pontevedra, á Campaña de promoción e sensibilización do deporte feminino galego.

COMPÁRTELO!!

Te puede interesar...
Primera jornada del año para defender el liderato
Gran fiesta del waterpolo para despedir el año
Festival de Navidad para despedir el año
Partido frente al CN Cuatro Caminos en casa

Deja un Comentario