Home > Absoluto Femenino > Campaña de promoción e sensibilización do deporte feminino galego

Campaña de promoción e sensibilización do deporte feminino galego

O martes 5 de novembro o Club Waterpolo Pontevedra presentou no salón de actos do edificio administrativo da Xunta de Galicia de Benito Corbal a Campaña de promoción e sensibilización do deporte feminino galego.

Parte do equipo feminino de Primeira Nacional e o Presidente do CW Pontevedra, Alberto López Penide, acompañaron a Blanca García-Señoráns, Directora Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes na provincia de Pontevedra.

Unha campaña da Secretaría Xeral para o Deporte coa que o CW Pontevedra colabora, co obxectivo da promoción e sensibilización sobre a necesidade e beneficios da práctica deportiva feminina, así como a loita pola igualdade efectiva entre homes e mulleres no ámbito deportivo.

Con motivo desta campaña, o CW Pontevedra organizará en próximas semanas unha promoción do waterpolo feminino para nenas desde 8 anos en diante, para dar a coñecer este deporte e fomentar a súa práctica entre a poboación feminina. Con iso o club pontevedrés buscará incrementar o número de nenas e mozas practicantes do waterpolo, deporte no que o CW Pontevedra é referente galego cun equipo en Primeira División Nacional Feminia desde fai tres tempadas.

Pronto informaremos sobre estas accións de promoción e capatación.

COMPÁRTELO!!

Te puede interesar...
Primera derrota de la segunda fase
Viaje a Málaga con los deberes hechos
Partido frente al Alcorcón en Rías do Sur
Partido por el liderato en la Escuela Naval Militar

Deja un Comentario