Home > Noticias > O Concello celebra cos clubes acuáticos o Diploma de Honor da RFEN

O Concello celebra cos clubes acuáticos o Diploma de Honor da RFEN

O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores recolleu en Madrid o Diploma de Honor de la RFEN (Real Federación Española de Natación), que recoñece a disposición constante da cidade a acoller eventos deportivos nacionais e internacionais.
Durante o acto, o presidente da RFEN, Fernando Carpena, destacou a colaboración entre o Concello de Pontevedra e os clubs da vila: Club Natación Galaico, Club Natación Artística Galaico Pontevedra, Club Waterpolo Pontevedra e Club SAPO Pontevedra, e como non á Fundación Rías do Sur, fundamentais para o éxito do deporte acuático na cidade.
En agradecemento aos clubes pola súa labor, Miguel Anxo Fernández Lores, xunto con Anabel Gulías (Concelleira de Deportes) e Jaime Agulló (Director do Servizo de Deportes do Concello de Pontevedra), fixeron un acto de homenaxe para celebrar o éxito entre todos e todas na piscina do CD Rías do Sur o pasado venres.
A Xunta Directiva don CW Pontevedra estivo presente compartindo os éxitos co resto de compañeiros e compañeiras dos clubes acuáticos que conviven en Rías do Sur.

COMPÁRTELO!!

Te puede interesar...
Defensa del liderato en Rías do Sur
Celebramos el Día Nacional del TDAH en el agua!
El CWP premiado como Mellor Club Masculino de Wáter-polo
El CW Pontevedra presenta sus equipos de la temporada 25/26

Deja un Comentario