Home > Escuela Municipal Pontevedra > Inscrición Escola Deportiva de Promoción Municipal de Waterpolo do Club Waterpolo Pontevedra 26/27

Inscrición Escola Deportiva de Promoción Municipal de Waterpolo do Club Waterpolo Pontevedra 26/27

O Club Waterpolo Pontevedra vai contar este curso 2026-27 cunha Escola Deportiva de Promoción Municipal de Waterpolo grazas a o Concello de Pontevedra!

Despois de máis de 25 anos de historia y de contar cun equipo en categoría nacional, no Club Waterpolo Pontevedra queremos ter unha Escola Municipal de Waterpolo para seguir medrando desde abaixo. Queremos que sexa unha oportunidade máis para dar a coñecer o noso deporte entre os nenos e nenas da cidade de Pontevedra.

Será unha escola lúdica ao mesmo tempo que formativa, seguindo a nosa premisa principal: “Non só formamos waterpolistas…, ¡sobre todo, formamos persoas!”, onde nenas e nenos poderán probar un dos mellores e máis completos deportes, onde poderán aprender ou mellorar a técnica de natación, a dominar o medio acuático, a traballar e colaborar de forma colectiva, empaparse do compañeirismo dun equipo, a divertirse practicando actividade física e sobre todo adquirir numerosos valores que lle axudarán a formarse como persoa… xogando a WATERPOLO!

A nosa intención é formar 2 grupos, un con nenas e nenos de 2016-17-18 e outro con nenos e nenas de 2014-15-16.

A nosa Escola Deportiva de Promoción Municipal de Waterpolo:

  • Idades: Nados/as en 2014 a 2018.
  • Lugar: Piscina do CD Municipal Campolongo (BeOne).
  • Días e horarios: Martes e Xoves de 16:00 a 17:00 h (2017-18) e de 17:00 a 18:00 h (2014-15-16).*en caso de non completar os dous grupos, poderanse unir.
  • Temporalidade: do 1 de outubro de 2026 a 27 de maio de 2027.
  • Cuota: 70 €/curso

Habilidades necesarias para a inscrición:

Os rapaces e rapazas deberán ter un nivel mínimo de habilidades acuáticas que lle confiran plena autonomía no medio, e un nivel mínimo nos estilos básicos de crol, espalda ou braza (nadar 25 metros continuos cambiando de estilo crol e costas ou braza).

Procedemento para a inscrición:

  • Descargar e cubrir o seguinte FORMULARIO.
  • Facer o pago de 50 € no número de conta do Club Waterpolo Pontevedra (ABANCA): ES72 2080 0514 0730 4000 9477
  • Concepto: “Nome neno/a + EDPM”.
  • Enviar por correo electrónico a info@waterpolopontevedra.com a seguinte documentación:
    • formulario de inscrición debidamente cuberto
    • xustificante de pago
    • copia do D.N.I. da persoa participante, ou da persoa titora
    • copia da Seguridade Social, ou seguro substitutivo
  • Cada documento deberá estar en formato pdf ou jpg, en archivos diferentes cos nomes de archivo “Apelido_Nome_Inscricion”, “Apelido_Nome_DNI”, etc.

– O prazo para a inscrición será dende o martes 15 de setembro ata o venres 25 de de setembro.

– Unha vez recibida a información, recibirán un mail confirmando se todo está correcto.

COMPÁRTELO!!

Te puede interesar...
Inscrición Escola Deportiva de Promoción Municipal de Waterpolo do Club Waterpolo Pontevedra 25/26
Inscrición Escola Deportiva de Promoción Municipal de Waterpolo do Club Waterpolo Pontevedra 24/25
Inscripción Escuela Municipal de Waterpolo de Marín 24/25
Inscrición Escola Deportiva de Promoción Municipal de Waterpolo do Club Waterpolo Pontevedra

Deja un Comentario