Home > Escuela Municipal Pontevedra > Inscrición Escola Deportiva de Promoción Municipal de Waterpolo do Club Waterpolo Pontevedra 24/25

Inscrición Escola Deportiva de Promoción Municipal de Waterpolo do Club Waterpolo Pontevedra 24/25

O Club Waterpolo Pontevedra vai contar este curso 2024-25 cunha Escola Deportiva de Promoción Municipal de Waterpolo grazas a o Concello de Pontevedra!

Despois de más de 25 anos de historia y de lograr ter un equipo en categoría nacional, no Club Waterpolo Pontevedra queremos contar cunha Escola Municipal de Waterpolo para seguir medrando desde abaixo. Queremos que sexa unha oportunidade máis para dar a coñecer o noso deporte entre os nenos e nenas da cidade de Pontevedra.

Será unha escola lúdica ao mesmo tempo que formativa, seguindo a nosa premisa principal: “Non só formamos waterpolistas…, ¡sobre todo, formamos persoas!”, onde nenas e nenos poderán probar un dos mellores e máis completos deportes, onde poderán aprender ou mellorar a técnica de natación, a dominar o medio acuático, a traballar e colaborar de forma colectiva, empaparse do compañeirismo dun equipo, a divertirse practicando actividade física e sobre todo adquirir numerosos valores que lle axudarán a formarse como persoa… xogando a WATERPOLO!

A nosa intención é formar 2 grupos, un con nenas e nenos de 2012-13-14 e outro con nenos e nenas de 2015-16.

A nosa Escola Deportiva de Promoción Municipal de Waterpolo:

  • Idades: Nados/as en 2012, 2013, 2014, 2015 e 2016.
  • Lugar: Piscina do CD Municipal Campolongo (BeOne).
  • Días e horarios: Martes e Xoves de 16:00 a 17:00 h (2015-2016) e de 17:00 a 18:00 h (2012-2013-2014).
  • Temporalidade: do 1 de outubro de 2024 a 29 de maio de 2025.
  • Cuota: 50 €/curso

Habilidades necesarias para a inscrición:

Os rapaces e rapazas deberán ter un nivel mínimo de habilidades acuáticas que lle confiran plena autonomía no medio, e un nivel mínimo nos estilos básicos de crol, espalda ou braza (nadar 25 metros continuos cambiando de estilo crol e costas ou braza).

Procedemento para a inscrición:

  • Descargar e cubrir o seguinte FORMULARIO.
  • Facer o pago de 50 € no número de conta do Club Waterpolo Pontevedra (ABANCA): ES72 2080 0514 0730 4000 9477
  • Concepto: “Nome neno/a + EDPM”.
  • Enviar por correo electrónico a info@waterpolopontevedra.com a seguinte documentación:
    • formulario de inscrición debidamente cuberto
    • xustificante de pago
    • copia do D.N.I. da persoa participante, ou da persoa titora
    • copia da Seguridade Social, ou seguro substitutivo
  • Cada documento deberá estar en formato pdf ou jpg, en archivos diferentes cos nomes de archivo “Apellido_Nombre_Inscricion”, “Apellido_Nombre_DNI”, etc.

– O prazo para a inscrición será dende o luns 16 de setembro ao venres 27 de de setembro.

– Unha vez recibida a información, recibirán un mail confirmando se todo está correcto.

COMPÁRTELO!!

Te puede interesar...
Inscripción Escuela Municipal de Waterpolo de Marín 24/25
Inscrición Escola Deportiva de Promoción Municipal de Waterpolo do Club Waterpolo Pontevedra
Inscripciones Escuela Municipal de Waterpolo de Marín
En marcha la Escuela Deportiva Municipal de Waterpolo de Pontevedra

Deja un Comentario