O Club Waterpolo Pontevedra vai contar este curso 2023-24 cunha Escola Deportiva de Promoción Municipal de Waterpolo grazas a o Concello de Pontevedra!
No ano no que o Club Waterpolo Pontevedra cumple 25 anos de historia (setembro de 1998), queremos contar cunha Escola Municipal de Waterpolo por segundo curso consecutivo e consolidala. Queremos que sexa unha oportunidade máis para dar a coñecer o noso deporte entre os nenos e nenas da cidade de Pontevedra.
Será unha escola lúdica ao mesmo tempo que formativa, seguindo a nosa premisa principal: “Non só formamos waterpolistas…, ¡sobre todo, formamos persoas!”.
A nosa intención é formar 2 grupos, un con nenas e nenos de 2011-12-13 e outro con nenos e nenas de 2014-15-16.
A nosa Escola Deportiva de Promoción Municipal de Waterpolo:
- Idades: 7 a 12 anos (ensino polideportivo e iniciación deportiva específica). Nados/as en 2011, 2012, 2013, 2014, 2015 e 2016.
- Lugar: Piscina do Complexo Deportivo Rías do Sur.
- Días e horarios: Martes e Xoves de 16:00 a 17:00 h (2014-2015-2016) e de 17:00 a 18:00 h (2011-2012-2013).
- Temporalidade: do 1 de outubro de 2023 a 31 de maio de 2024.
- Cuota: 50 €/curso
Habilidades necesarias para a inscrición:
Os rapaces e rapazas deberán ter un nivel mínimo de habilidades acuáticas que lle confiran plena autonomía no medio, e un nivel mínimo nos estilos básicos de croll, espalda e braza (introducirse na auga de cabeza desde o bordillo, realizar cambios de flotación de posición ventral a dorsal e vertical sin dificultade, nadar 50 metros continuos cambiando de estilo crol a costas mantendo a posición horizontal, nadar 25 metros executando accións de braza elemental).
Procedemento para a inscrición:
- Descargar e cubrir o seguinte FORMULARIO.
- Facer o pago de 50 € no número de conta do Club Waterpolo Pontevedra (ABANCA): ES72 2080 0514 0730 4000 9477
- Concepto: “Nome neno/a + EDPM”.
- Enviar por correo electrónico a info@waterpolopontevedra.com a seguinte documentación:
- formulario de inscrición debidamente cuberto
- xustificante de pago
- copia do D.N.I. da persoa participante, ou da persoa titora
- copia da Seguridade Social, ou seguro substitutivo
- Cada documento deberá estar en formato pdf ou jpg, en archivos diferentes cos nomes de archivo “Apellido_Nombre_Inscricion”, “Apellido_Nombre_DNI”, etc.
– O prazo para a inscrición será dende o luns 18 de setembro ao venres 29 de de setembro.
– Unha vez recibida a información, recibirán un mail confirmando se todo está correcto.
COMPÁRTELO!!