Home > Noticias > Izaskun e José Tellería, premiados na Gala do Deporte de Soutomaior

Izaskun e José Tellería, premiados na Gala do Deporte de Soutomaior

O pasado venres 28 de outubro celebrouse a IV Gala do Deporte Concello de Soutomaior presentada polo xornalista da TVG, Terio Carrera. Ata 30 deportistas subiron ao escenario do Multiúsos para recibir os seus premios da man do Alcalde, do presidente da FUTGAL, e do Xefe de Servizos de Deportes da Xunta.

Cabe destacar que os premios foron outorgados polos propios representantes dos distintos clubs do Concello, que votaron por aqueles deportistas e agrupacións que destacaron nas súas modalidades no último ano.

Entre eses 30 premiados e premiadas atópanse a xogadora e o Presidente do Club Waterpolo Pontevedra Izaskun e José Tellería.
A súa labor como xogadora do equipo absoluto feminino, que acadou o ascenso a Primeira División Nacional foi recoñecida polos distintos clubes do concello, premiando a Izaskun Tellería Seoane.
E tampouco pasou desapercibido para os seus veciños o traballo que José Ángel Tellería Couñago realiza á fronte do Club Waterpolo Pontevedra como Presidente, entregándolle outro galardón.

Felicidades a ambos, e ao Concello de Soutomaior, que con actos como este poñen en valor o traballo dos diferentes estamentos que traballan día a día polo deporte local.

Nesta edición da Gala do Deporte do Concello de Soutomaior, resultaron premiados:
Martina Senra; Juan Carlos del Valle; o Equipo prebenxamín CD Soutomaior; Yago e Alexia Ortega; Eleuterio Gómez e Manuel Orge; Juventino Lorenzo; Valeria e Lucia Cima; Rita e Rosalía Lorenzo; Aldara Cabaleiro; Drordje Ciric; Martín Acuña; a Asociación Veciñal Pozovello; Basilio Vidal; Jose Angel e Izaskun Tellería; Carlota Otero; Iria Boullosa; Sabela Lourenzo; o Grupo Show do Club Patinaxe Soutomaior; Daniela Alvarez; o Equipo Alevín do C.D.Arcade; Camilo Ferradanes e Ramón Pérez; o Equipo A Femenino do club de tenis e pádel Soutomaior; Cael, Naiara e Mara do Kick Boxing Club Arcade.

Noraboa a tódolos/as preniados/as!

 

Imaxes collidas da páxina de facebook do Concello de Soutomaior.

COMPÁRTELO!!

Te puede interesar...
Tarde divertida para despedir el año con la Festa HQR!
El CWP presenta sus equipos de la temporada 23/24
Presentación oficial de la temporada 2023-24
Ven a probar el waterpolo en septiembre!

Deja un Comentario