Información recibida por la Secretaría Xeral para o Deporte:
En relación ao Seguro Deportivo 6-16 comentarvos que segue activo pero esta mesma noite remata a póliza coa compañía MGC e comeza unha nova aseguradora AIG (16-10-2020).
Achegamos o novo protocolo e unha infografía resumo onde se inclúe o novo número de teléfono de asistencia (917372818) e a nova plataforma, entre outras consideracións.
Esta información tamén se actualizará na parte traseira dos carnés de Xogade.
Debemos aclarar que:
- Os expedientes abertos a día de hoxe e as lesións que se produzan ao longo do día de hoxe (xoves, 15 de outubro de 2020) deberán continuar a súa atención e/ou dar parte na compañía actual, MGC.
- As lesións que se produzan no día 16 e a partir dese día 16 de outubro de 2020 xa deberán aplicar o novo protocolo que achegamos coa compañía AIG.
Lembramos que teñen toda a información, protocolo e póliza, á súa disposición en aberto e coas claves na aplicación de inscricións de Xogade (www.deporteescolargalego.com) e na páxina web do programa (xogade.xunta.gal)
Agradecemos e precisamos que lle deades a máxima difusión posible. Publicádea nas vosas páxinas e plataformas e facédea chegar as vosas entidades instándoas a facer partícipe da mesma a todas as familias dos deportistas.
Calquera dúbida poñédevos en contacto nos teléfonos habituais.
Un saúdo e grazas pola vosa colaboración.
Servizo de Deporte en Idade Escolar
COMPÁRTELO!!