Home > Absoluto Femenino > Recepción de la Xunta de Galicia por el ascenso a Nacional Femenina

Recepción de la Xunta de Galicia por el ascenso a Nacional Femenina

 

“O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado polo secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, recibiu hoxe o Club Waterpolo Pontevedra feminino, ao que felicitou por acadar un fito histórico e converterse no primeiro equipo galego en ascender a Primeira División Nacional, a segunda categoría a nivel estatal.
Remarcou que esta boa nova súmase aos logros acadados nesta tempada cos títulos da Liga Galega de División de Honra e a Copa Galega tanto Absoluta Feminina como Xuvenil Feminina. Por iso, expresou o agradecemento ás xogadoras pontevedresas e ao Club Waterpolo Pavillón Ourense que forman parte deste club polo seu sacrificio e compromiso, así como ao corpo técnico encabezado por Javier de Sáa e ao presidente da entidade, José Ángel Tellería, por conseguir que desde a creación do primeiro equipo máis dun cento de deportistas participan nas distintas categorías do club desde prebenxamíns ata absolutas masculino e feminino.
Por iso, incidiu no importante papel do Club Waterpolo Pontevedra para fomentar o deporte base e contribuír á dinamización do municipio, ademais de repercutir no gran momento que vive o waterpolo galego que acadou nesta tempada récord de licenzas de ámbito autonómico.”

O noso agradecemento á Xunta de Galicia e á Secretaría Xeral para o Deporte por darlle relevancia a o noso equipo feminino e o seu histórico ascenso.

COMPÁRTELO!!

Te puede interesar...
Marilia Valenzuela, último refuerzo del CW Pontevedra
La ceutí Pilar López refuerza al CW Pontevedra
Lola Muñoz defenderá la portería pontevedresa en Nacional
Andrea Prados, máxima goleadora de Primera Nacional, llega a Pontevedra

Deja un Comentario