Home > Noticias > Xornadas de alimentación e consumo saudable

Xornadas de alimentación e consumo saudable

O vindeiro sábado 6 de maio teremos unhas xornadas de promoción de hábitos saudables organizadas polo Concello de Pontevedra e coas que colabora o Club Waterpolo Pontevedra con motivo dos actos do 25 aniversario. As Xornadas de alimentación e consumo saudable terán lugar en dúas sesións, de 11:00 a 13:00 h e de 18:00 a 20:00 h, nunha sala do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, e serán impartidas por Sofia Bouzas Santos, Dietista-Nutricionista (graduada en Nutrición Humana y Dietética), Col. GA00160.

Estas xornadas entran no proxecto do CW Pontevedra de formación complementaria dos seus deportistas, ya que como di o lema, “Non só formamos deportistas, ¡sobre todo formamos persoas!”. Son xornadas abertas tanto para deportistas do club, como para familiares, amigos e calquera persoa de fóra do club que estea interesada na temática proposta, con entrada de balde e sen inscrición previa.

Agardamos que sexa do voso agrado e vos animedes a participar, especialmente c@s máis cativ@s!

COMPÁRTELO!!

Te puede interesar...
Xornadas sobre as problemáticas sociais de CIBERACOSO, BULLYING e VIOLENCIA de XÉNERO
Colaboración do CWP coa Axencia de Doazón de Órganos e Sangue
Os deportistas e familiares do CW Pontevedra aprenden alimentación saudable
Waterpolistas en los Mundiales de Lucha

Deja un Comentario