O Club Waterpolo Pontevedra continúa coa súa labor formativa, atendendo ao seu lema “Non so formamos waterpolistas… sobre todo formamos persoas!
Pois o próximo venres 4 de abril celebrará una xornada impartida polo Doutor en Psicoloxía Deportiva Iago López Roel, a partir das 20:30 h no Teatro Principal de Pontevedra.
Será una charla adicada a deportistas dende categoría infantil ata absoluta e familiares, aberta a todo o público, de balde, ata completar aforo.
Iago dará una serie de recomendacións e explicacións para afrontar os adestramentos e competicións da mellor maneira con respecto á psicoloxía, un factor fundamental para lograr o mellor rendemento.
Animamos a deportistas e familiares a non faltar a esta xornada que será de gran importancia e interese.
COMPÁRTELO!!