Home > Noticias > Día das Enfermidades Inflamatorias Intestinais e importancia da vacinación en persoas con doenza crónica

Día das Enfermidades Inflamatorias Intestinais e importancia da vacinación en persoas con doenza crónica

Como noutras ocasións, temos o pracer de colaborar con ASSEII, e neste caso participando nun vídeo de promoción do Día Mundial das Enfermidades Inflamatorias Intestinais. E ao mesmo tempo para concienciar a estes pacientes e á sociedade en xeral da necesidade de vacinarse contra a covid-19.

Presentación do vídeo / Concello de Pontevedra

Un vídeo duns 5 minutos no que se subliña a importancia que ten a vacinación en persoas con doenza crónica centra este ano a campaña promovida pola Asociación Socio Sanitaria de Enfermidades Inflamatorias Intestinais e Ostomizados (ASSEII) en colaboración co Concello de Pontevedra co gallo do 19 de maio, Día Mundial das Enfermidades Inflamatorias Intestinais (EII). A peza audiovisual conta coa participación de Daniel Carpio, responsable da Unidade de EII do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (CHUP), e dos membros do seu equipo; de voceiros políticos como o tenente de alcalde e concelleiro de Actividade Física e Saúde, Tino Fernández, e os rexedores de Marín e Poio, María Ramallo e Luciano Sobral; de representantes de colectivos, entidades e institucións públicas e privadas, e de referentes de diversos sectores culturais, sociais e laborais, entre os que figuran o vicerreitor do Campus Universitario, Jorge Soto, o chef Pepe Solla ou a olímpica Teresa Portela.

No vídeo, que foi presentado esta mañá na Sala de Prensa do Teatro Principal nun acto que contou coa presenza do propio Tino Fernández; do concelleiro de Benestar Social, Marcos Rey; da presidenta de ASSEII, Ángela Paz, e dos membros da Asociación Víctor Loira (deportista enfermo de Crohn) e Rosa María García, tamén aparecen Alfredo Bea, presidente da Federación Galega de Piragüismo; a presidenta da Asociación de Persoas con Diversidade Sensorial Xoga, María Jesús Monterde; Lucía Gálvez, da Asociación de Amigos da Pontevedrada (Asampo); César Maquieira, da Asociación Galega contra as Enfermidades Neuromusculares (Asem) e membros do Club Waterpolo Pontevedra, a Asociación de Atención á Parálise Cerebral Amencer-Aspace e o colectivo Paspallás, entre outros. Tal e como asegurou Ángela Paz, “no Día Mundial das Enfermidades Inflamatorias Intestinais, creado en 2010 por organizacións de pacientes que representan a máis de 50 países dos cinco continentes e coordinado pola Federación Europea de Asociacións de Crohn e Colite Ulcerosa (EFCCA), ASSEII quere concienciar á sociedade sobre as EII e, a través deste vídeo, subliñar a importancia que ten a vacinación en persoas crónicas”.

Fonte e toda a información ampliada en: Concello de Pontevedra.

O noso agradecemento a ASSEII por contar unha vez máis con nós!

COMPÁRTELO!!

Te puede interesar...
Waterpolo con el Día Mundial sobre el Autismo
Waterpolo para superar el Perthes
Jornada de waterpolo en apoyo al Perthes
Primera y contundente victoria del CWP en Nacional

Deja un Comentario