Home > Noticias > Os deportistas e familiares do CW Pontevedra aprenden alimentación saudable

Os deportistas e familiares do CW Pontevedra aprenden alimentación saudable

O pasado sábado 6 de maio celebráronse no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra as Xornadas de promoción de hábitos saudables organizadas polo Concello de Pontevedra e coas que colaborou o Club Waterpolo Pontevedra con motivo dos actos do 25 aniversario.

As Xornadas de alimentación e consumo saudable celebráronse en dúas sesións, de 11:00 a 13:00 h e de 18:00 a 20:00 h, impartidas pola Dietista-Nutricionista Sofia Bouzas Santos (Col. GA00160) cun éxito participativo, sobre todo na xornada da tarde, onde participaron os máis cativos do clube cos seus familiares, merendado froita mentres atendían os consellos de Sofía.

Estas xornadas entran no proxecto do CW Pontevedra de formación complementaria dos seus deportistas, xa que como di o lema, “Non só formamos deportistas, ¡sobre todo formamos persoas!”. Foron xornadas abertas tanto para deportistas do club, como para familiares, amigos e calquera persoa de fóra do club que estivera interesada na temática proposta, con entrada de balde e sen inscrición previa.

Agardamos que fora do voso agrado e levedes una alimentación máis saudable!

COMPÁRTELO!!

Te puede interesar...
Formándose sobre violencia de género
Aprendiendo sobre el Bullying y el ciberacoso
Aprendiendo sobre los peligros de teléfono móvil
Jornada de formación y Ligas Gallegas

Deja un Comentario