Home > Competición > COMUNICADO OFICIAL DO CW PONTEVEDRA SOBRE O INICIO DA COMPETICIÓN

COMUNICADO OFICIAL DO CW PONTEVEDRA SOBRE O INICIO DA COMPETICIÓN

Nunha xuntanza mantida o pasado luns 28 de decembro, a FEGAN informounos da súa intención de reactivar a actividade competitiva de waterpolo na nosa Comunidade Autónoma tan pronto como sexa posible, a poder ser en Xaneiro de 2021. Para iso, a proposta lanzada distingue dúas modalidades ou escenarios de competición diferentes. Por un lado, proponse unha modalidade de competición sen restricións para as categorías absolutas, tanto masculina como feminina, e unha modalidade de waterpolo adaptado, sen contacto, para as demais categorías de base, desde cadetes ata alevíns.

No caso das categorías absolutas, a proposta de reiniciar a competición de waterpolo con contacto, implica que se deben cumprir as esixencias en materia de protocolo sanitario impostas pola Secretaría Xeral para o deporte para os deportes de contacto, que pasan ben por competir coa máscara (opción completamente inviable para a práctica de calquera deporte no medio acuático) ou ben por realizar test de antíxenos cada 15 días (preferiblemente 72 ou 48 horas antes da competición) ós deportistas que vaian competir nesas categorías. Tamén compre resaltar o feito de queó non contemplarse unha 2ª división absoluta, os xogadores en categoría xuvenil ou se inscriben como parte dos equipos absolutos “A” ou quedarían nun “limbo” no que non se prevé competición algunha.

Por outra banda, para as categorías de base proponse un formato de competición sen contacto, con ataques e defensas en estático formando en arco e mantendo as distancias de seguridade mínimas recomendadas. Neste caso, non sería esixible realizar ningún tipo de test nin proba algunha ós/as deportistas para poder competir, máis aló das recomendacións básicas do protocolo sanitario xeral.
O CW Pontevedra é un club deportivo cunha finalidade última que é competición. Pero entendemos que por riba de todo, o noso deber principal é garantir á seguridade e saúde, non só dos/as nosos/as deportistas, senón tamén de todos os seus familiares, minimizando os riscos de contaxio e propagación da COVID-19. Todos/as temos ganas de volver a unha piscina a desfrutar do waterpolo, pero cremos que agora mesmo volver a competición sería precipitado e implicaría asumir uns riscos demasiado altos que non pagan a pena.

Levamos case 10 meses sen competir, adestrando cuns estritos protocolos que garantan a seguridade de todos os nosos deportistas e técnicos, pero consideramos que ante o escenario actual o máis sensato e prudente é agardar un pouco máis. Por responsabilidade social, podemos e debemos retrasar a volta á competición un par de meses máis e, unha vez que remate o inverno, agardamos que entre a mellora da climatoloxía e que a vacinación dunha maior proporción da poboación vaia dando os seus froitos, sexa viable non só retomar a actividade competitiva, senón poder facelo incluso coa presencia nas gradas de pais, nais, familiares e amigos… Porque ademais, competir sen o calor, o alento e a emoción do público non é o mesmo.

Por todo elo, a Xunta Directiva do Club Waterpolo Pontevedra, unha vez valorada a proposta e tendo analizado en profundidade os pros e contras dunha posible volta á competición nestas condicións, comunica a súa decisión de renunciar temporalmente a tomar parte na mesma para todas as categorías e modalidades propostas.

Xunta Directiva do CW Pontevedra

COMPÁRTELO!!

Te puede interesar...
Nueva pausa en los entrenamientos presenciales
Información de interés con respecto al Decreto 3/2021, de 13 de enero
El cierre de Rías do Sur obliga al CW Pontevedra a reactivar su protocolo de contingencia
¡Volvemos!

Deja un Comentario